entidade
(< lat entĭtāte)
-
s
f
Colectivo, asociación ou grupo que, considerado unha unidade, se dedica a un fin ou actividade determinados, normalmente de carácter social, e que pode ser público ou privado.
Ex: Esa entidade bancaria ten moita importancia.
-
s
f
Valor ou importancia de algo.
Ex: Ese proxecto non ten entidade suficiente.
-
s
f
[FILOS]
Aquilo que constitúe a esencia dunha cousa.
-
entidade local menor
[ADM]
Núcleo de poboación con características propias e peculiares dentro dun municipio, que ten personalidade xurídica pública recoñecida e unha certa autonomía en canto á prestación de servicios aos seus residentes. É unha entidade municipal descentralizada, rexida por un alcalde pedáneo e unha xunta veciñal. Os seus orzamentos deben proceder dos do municipio do que formen parte, e non poden recadar tributos propios. O concepto de entidade local menor apareceu por vez primeira na lexislación española no Estatuto Municipal de 1924, aínda que no proceso de implementación do municipalismo, durante o s XIX, pódense atopar algúns precedentes da vontade de considerar na administración a heteroxeneidade do poboamento en España, como por exemplo a Lei Municipal de 1877, na que se mencionan os “pueblos agregados a un término municipal”. O recoñecemento legal formulado en 1924 referendouse en posteriores textos lexislativos, como a Lei Municipal de 1935 ou a Lei de Réxime Local de 1955. En Galicia, onde se regulan pola Lei 11/1983, constituíronse en entidades locais menores as parroquias de Arcos da Condesa (no concello de Caldas de Reis), Bembrive (en Vigo), Camposancos (na Guarda), Chenlo (no Porriño), Morgadáns (en Gondomar), Pazos de Reis (en Tui), Queimadelos e Vilasobroso (ambos os dous en Mondariz).
-
entidade singular de poboación
[XEOG]
Núcleo de poboación claramente diferenciado do seu contorno que posúe un nome propio polo que é coñecido.
-
s
f
[INFORM]
Campo no que está almacenada a información.