entrevista

entrevista

(< ingl interview)

  1. s f

    Reunión concertada entre persoas que teñen que tratar dalgún asunto.

    Ex: A entrevista entre os concelleiros non foi nada frutífera.

  2. s f [COMUN]
    1. Interrogatorio ao que un periodista ou entrevistador somete a unha persoa para saber as súas opinións, ideas ou propósitos sobre algo ou alguén, e despois dalas a coñecer. É un método útil para certos estudios sociolóxicos, e no ámbito do xornalismo considérase un xénero.

    2. Transcrición do interrogatorio que se lle fixo a un entrevistado, que pode ser literal ou ben achegar opinións adicionais do entrevistador.