envasadora
envasadora
(< envasar)
-
s
f
Máquina automática para encher, pechar e, a miúdo, etiquetar un envase determinado (bolsas de papel ou de plástico, tarros, etc). Para materiais pulverulentos ou en pasta, é frecuente un sistema de envasado que consiste en aspirar o produto por un cilindro que bascula e expulsa a carga mediante un émbolo. Para materiais fluídos, empréganse xeralmente máquinas cun aparello que mide o volume ou o peso e que, unha vez seleccionada a cantidade necesaria, a baleira no envase xa preparado. En certas técnicas de envasado de produtos alimentarios, envásanse ao baleiro ou nunha atmosfera inerte de nitróxeno ou anhídrido carbónico.
-
s
f
Instalación onde se envasa.
Ex: Pediron os permisos para construír unha envasadora de melocotóns.