envexa

envexa

(

  1. s f

    Sentimento de mágoa ou irritación que sente alguén que cobiza para si as cousas que outra persoa ten ou consegue.

    Ex: Morría coa envexa cando vía pasar o veciño co coche novo.

    Sinónimos: denteira.
  2. s f

    Desexo de ter ou alcanzar o que outro ten.

    Ex: Que envexa poder marchar xa de vacacións! Como tiña envexa do seu pastel, regaloumo.

    Sinónimos: denteira.

Refráns

  • A cabra da miña veciña dá máis leite cá miña.
  • A envexa do amigo é mellor cá xenreira do inimigo.
  • A galiña da miña vecifia está máis gorda cá miña.
  • A galiña da miña veciña pon máis ovos cá miña.
  • A galiña da miña veciña sempre parece máis gorda cá miña.
  • A vaca da miña veciña dá máis leite cá miña.
  • Antes envexado, que compadecido e apurrado.
  • Envexa non teñas, se que res ter paz.
  • Mellor é verse envexado, que verse aquelado.
  • Non cobices dona allea nin trigo doutra morea.
  • O de moitos cobizado ten perigo, inda gardado.
  • O moi cobizoso logo se entende co tramposo.
  • Pide o cobizoso para el e para o goloso.
  • Se a envexa fora tiña, moitos tiñosos haberla.
  • Tanto cobiza o que moito ten coma o que nada ten.
  • Tanto coma o que ten, cobiza ter o que non ten.
  • Tanto come o que ten, como cobiza o que non ten.
  • ¡Quen fora rei, para andar a cabalo!

Palabras veciñas

envergue | envernizar | envés | envexa | envexable | envexar | envexigar