environment art*
environment art*
[ARTE]
Montaxe, decoración ou ambientación artística dun espazo determinado con obxectos táctiles, visuais, cinéticos, sonoros e olfactivos, que teñen como fin producir un determinado clima para o espectador, ao que se lle invita a participar da obra. A súa orixe está nas obras que K. Oldenburg, J. Dine e A. Kaprow presentaron na Reuben Gallery de Nova York (1958-1959).