envolvente
envolvente
(< envolver)
-
adx
Que envolve.
-
s
f
[FÍS]
Curva obtida unindo os puntos máximos dunha función periódica de amplitude variable, como é o caso dunha onda modulada en amplitude.
-
s
f
[MAT]
Curva tanxente a todas as dunha familia, que recibe cada unha delas o nome de involuta. Dada a familia de curvas f(x,y,h)=0, calcúlase a ecuación de envolvemento eliminando o parámetro h entre a ecuación da familia f(x,y,h)=0 e a derivada respecto a h, f’ h (x,y,h)=0. O concepto de envolvente tamén se pode aplicar a unha familia de superficies.