Epallage
Epallage
[ANIMAL/ENTOM]
Xénero de odonatos ao que pertence a especie E. fatime. Son zigópteros que na fase adulta acadan os 51 milímetros de lonxitude, e que se caracterizan por presentar os abdomes delgados e levemente aplanados dorsoventralmente. Os machos teñen o tórax de cor verde e o abdome negro e verde, cuberto dunha pruína de cor azulada. As femias presentan o tórax de cor entre castaña e amarela con franxas negras. Desenvólvense en pequenos cursos de corrente rápida. O seu número é reducido e está presente na rexión iranio-tunecina (Bulgaria, Grecia e Macedonia).