epistaxe

epistaxe

(< gr ἐπίσταξις‘goteo’)

s f [PAT]

Hemorraxia nasal debida normalmente á ruptura, espontánea ou non, dun vaso superficial da mucosa nasal. A maioría das veces non ten moita importancia, pero noutras ocasións pode estar relacionada con trastornos de coagulación ou de hipertensión arterial, entre outros. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].