EPROM
EPROM
[INFORM]
Memoria pasiva unicamente de lectura, que pode ser borrada e reprogramada polo usuario. Baséase na tecnoloxia FAMOS, isto é, MOS de porta flotante. O dispositivo presenta dúas portas superpostas, de emtal ou silicio polocristalino, unha delas en contacto co exterior e a outra flotando dentro do óxido. Cando se conecta unha tensión elevada á porta exterior e ao drenador, inxéctase unha carga que impide que se forme o canal cando se aplica unha tensión usual na porta, e fai que o MOSFET non sexa condutor, o que equivale a dicir que hai un 1 rexistrado. Se se quere borrar a información rexistrada nunha memoria EPROM, hai que aplicarlle unha radiación ultravioleta a través dunha fiestra que permite o paso da luz.