epsomita

epsomita

(< topónimo Epsom + -ita)

s f [MINERAL]

Sulfato de magnesio hidratado, de fórmula MgSO4·7H2O. Cristaliza no sistema rómbico. Os cristais, escasos na natureza, preséntanse normalmente en cotras fibrosas, aciculares ou capilares. Ten unha dureza 2-2,5 e unha densidade 1,7. Os cristais son incoloros e transparentes, e os exemplares en masa son brancos.

Palabras veciñas

EPS | épsilon | Epsom and Ewell | epsomita | Epson | Epstein, Jacob | Epstein, Jean