equipamento

equipamento

(

  1. s m

    Acción de equipar.

    1. s m

      Conxunto de cousas necesarias para que algo funcione.

      Ex: A empresa ten un bo equipamento industrial.

      Sinónimos: equipo.
    2. bens de equipamento [ECON]

      Conxunto de bens materiais, tales como plantas industriais, maquinaria, instalacións, servicios, etc, necesarios para o funcionamento dunha unidade de produción. Equivale ao concepto de capital fixo.

    3. equipamento urbano [URBAN/XEOG]

      Espacio urbanizado, edificado ou non, destinado a usos públicos (educativos, sanitarios, culturais, recreativos, de abastecemento e de transportes). Os equipamentos constitúen elementos fundamentais para a mellora da calidade de vida dos cidadáns, ao lles permitir o seu enriquecimento cultural, a mobilidade, o acceso ao ensino e á asistencia sanitaria, e ao incrementar as alternativas para o emprego do tempo de ocio. Normalmente, as áreas destinadas a estes usos localízanse na periferia das cidades, onde o prezo do solo é máis alcanzable e onde resulta posible acondicionar as infraestruturas precisas para un acceso ás instalacións masivo, cómodo e rápido. En moitas ocasións, a inauguración dun determinado tipo de equipamento provoca unha revalorización da área en que se localiza, que experimenta un incremento da cobertura de servicios privados en función da cantidade de usuarios e da frecuencia coa que se utiliza a instalación, e tamén do propio carácter do centro. O desenvolvemento destas superficies contémplanse nos distintos instrumentos de planeamento municipal. As grandes cidades galegas contan cun grao de equipamento desigual, debido a unha coincidencia de factores endóxenos e esóxenos, é dicir, ás diferencias nas iniciativas locais e no nivel de compromiso no investimento das administracións supramunicipais. Polo seu grao de equipamentos destacan as cidades da Coruña e Santiago de Compostela, que concentran moitos servicios debido ás súas condicións capitalinas provincial e autonómica, respectivamente, e Vigo, a maior aglomeración demográfica do país.

Palabras veciñas

equinodermo -ma | equinoideo -a | equipado -da | equipamento | equipar | equiparable | equiparación