equívoco -ca

equívoco -ca

(< lat aequivŏcu)

  1. adx

    Que é susceptible de ser interpretado de dúas ou máis maneiras diferentes.

    Ex: Deu unha resposta equívoca.

  2. adx

    Que provoca sospeitas polo seu comportamento ou intencións.

    Ex: As súas equívocas maneiras sementaron a desconfianza.

  3. s m

    Interpretación incorrecta dun feito que provoca confusión.

    Ex: A semellanza dos seus apelidos provocou un equívoco.

    Sinónimos: malentendido.
  4. s m
    1. Palabra ou expresión que pode ser entendida ou interpretada de dúas ou máis maneiras diferentes.

    2. [LIT]

      Figura retórica que vén determinada polo xogo homofónico da identidade formal dun termo repetido, empregado con diferentes significados. Tamén se denomina aequivocatio.

Palabras veciñas

equivocación | equivocar | equivocidade | equívoco -ca | Equuleus | Equus | Er