Erckmann-Chatrian

Erckmann-Chatrian

Nomes asociados dos dous novelistas franceses Émile Erckmann (1822-1899) e Alexandre Chatrian (1826-1890), que asinaron en común numerosas obras dende 1847. Da súa produción destaca L’illustre docteur Mathéus (O ilustre doutor Mateo, 1859), Contes des bords du Rhin (Contos das beiras do Rin, 1862), L’ami Fritz (O amigo Fritz, 1864), Madame Thérèse (A señora Tareixa, 1863) e Le juif polonais (O xudeu polaco, 1869).

Palabras veciñas

Erboedo | Erbón | Ercilla y Zuñiga, Alonso de | Erckmann-Chatrian | Ercros | Erdenet | Erdi