Eridú

Eridú

Antiga cidade de Sumeria, actual Abu-Šahrain, situada á beira do Golfo Pérsico. Descubriuna unha expedición inglesa en 1854 dirixida por J. E. Taylor. Destacou como centro de culto do deus Ea (ou Enki). Presenta diferentes estratos de ocupación, con materiais que se estenden dende o período Obeid 1 (VI milenio a C) ata o Imperio Persa (s IV a C). Do seu patrimonio arqueolóxico destacan, entre os templos escavados, o do nivel VII (4000-3700 a C) e o cigurat de Amar-Sin (2047-1039 a C).

Palabras veciñas

Eridano | Eridanus | Éride | Eridú | Erie | Erie | Erie