eritroblasto

eritroblasto

(

s m [BIOL]

Célula proxenitora dos eritrocitos, localizada nos órganos hematopoéticos, que contén cromatina e un núcleo, que nos mamíferos desaparece posteriormente. Os eritroblastos proceden dos proeritroblastos e, nun principio, non teñen cor, senón que esta aparece ao longo do seu desenvolvemento cando se enchen de hemoglobina. Normalmente están na medula ósea, e a súa presenza no sangue circulante é rara e indica hiperprodución medular ou a existencia de focos hematopoéticos extramedulares.

Palabras veciñas

eritrina | eritrita | eritro- | eritroblasto | eritroblastose | eritrocito | eritrocitose