eritropoese
eritropoese
(< eritro- + grποίησις ‘acción, creación’)
s
f
[BIOL]
Conxunto de procesos de formación, maduración e liberación do sangue das células vermellas ou eritrocitos nos órganos hematopoéticos. Os eritrocitos prodúcense a partir de células totipotentes que se diferencian sucesivamente en proeritroblasto, eritroblasto precoz, eritroblasto intermedio, eritroblasto tardío (onde se sintetiza a hemoglobina) e, finalmente, eritrocito. Nas etapas intrauterinas, a eritropoese iníciase no fígado e no bazo, e esténdese posteriormente á medula ósea. Nos adultos este proceso está limitado ao esterno, ás costelas, ás vértebras e á epífise dos ósos longos.