eritroxiláceo -a
eritroxiláceo -a
(< lat científico Erythroxylum, xénero deplantas + áceo)
-
adx
Relativo ou pertencente ás eritroxiláceas.
-
s
f
[PLANTA]
Planta da familia das eritroxiláceas.
-
s
f pl
[PLANTA]
Familia de plantas, da orde das xeraniais, formada por unhas 200 especies de árbores ou arbustos tropicais, de follas con estípulas escamosas, flores solitarias ou en inflorescencias de cores claras, que dan lugar a froitos en drupa. Pertence a esta familia a coca.