erro
(< lat errōre)
-
s
m
Concepto, idea ou opinión que non é conforme á verdade ou á realidade.
Ex: Crer nos estereotipos é un erro moi común.
Sinónimos: desatino, error. Antónimos: acerto. -
s
m
Feito ou acción que non se axusta ao que se debe ou é oportuno.
Ex: Pagaredes moi caro o voso erro. Non tivo erros no exame.
Sinónimos: desacerto, error. Antónimos: acerto. -
s
m
Estado da persoa que ten ideas ou crenzas equivocadas ou falsas.
Ex: Saíu da seita cando se deu conta de que vivía nun erro.
Sinónimos: error. -
[MAT]
-
s
m
Desviación respecto ao valor teórico ou real, orixinada nas medidas ou nos cálculos realizados para a súa estimación. Para reducir os erros, repítese unha medida varias veces. Os valores medidos x i presentan unha dispersión arredor do valor medio, x m , que se toma como mellor valor. Se se debuxa a gráfica das desviacións en función das frecuencias, obtense a curva de campá ou de Gauss, na que a pendente dá idea do erro.
Sinónimos: error. -
erro absoluto
Diferencia alxébrica entre o resultado da medición experimental dunha magnitude e o seu valor real.
-
erro accidental
Erro que se debe ás limitacións naturais dos sentidos do observador, sobre todo da vista e do oído.
-
erro de mostraxe
Falta de representación por causa de flutuacións aleatorias ou desviación dos valores presentados por unha mostra en relación co valor total da poboación.
-
erro relativo
Cociente entre o erro absoluto e o valor da magnitude medida, expresada en tantos por cento.
-
erro sistemático
Erro que procede de imperfeccións nas escalas dos aparatos de medida e que se pode reducir comprobando previamente as calibracións.
-
s
m
-
s
m
[RELIX]
Afirmación contraria a unha verdade formalmente non revelada.
Sinónimos: error. -
[DER]
-
s
m
Coñecemento defectuoso ou equivocado da realidade debido á ignorancia.
Sinónimos: error. -
erro de dereito
Erro no que a ignorancia ou o coñecemento inexacto afecta a unha norma xurídica. Ten as consecuencias que en cada caso especifique a lei.
-
erro de feito
Erro no que a ignorancia ou o coñecemento inexacto afectan a un feito, a unha cousa, a unha persoa, etc, que non é unha norma xurídica.
-
erro de vicio/motivo
Erro ao que dá lugar a formación dunha vontade defectuosa. Coincide a declaración coa vontade, pero esta víciase e o acto, polo tanto, anúlase.
-
erro invencible
Erro non imputable a descoido ou neglixencia.
-
erro obstativo/na declaración
Erro que produce unha discrepancia entre a vontade e o que se di ou declara. A vontade non se vicia, pero o acto é nulo.
-
erro vencible
Erro imputable ao descoido ou á neglixencia.
-
s
m
-
[FILOS]
-
s
m
Xuízo explícito ou implícito no que a persoa que o formula se equivoca no obxecto. Pode levar á interpretación incorrecta ou ao uso equivocado de determinadas aseveracións e, inclusive, a contradicir as leis da lóxica.
Sinónimos: error. -
s
m
Acción de equivocarse, de xulgar verdadeiro o que é falso ou á inversa. A súa noción depende, dentro de cada escola, do propio criterio de verdade.
Sinónimos: error. -
erro dos sentidos
Erro derivado das funcións da percepción.
-
erro tipo 1/erro alfa
Equivocación ao rexeitar unha hipótese nula, tomada como falsa, cando é realmente verdadeira.
-
erro tipo 2/erro beta
Equivocación ao non rexeitar unha hipótese nula, se esta hipótese nula é realmente falsa.
-
s
m
-
s
m
[INFORM]
Problema que xorde mentres se traballa cun ordenador e que impide a continuación do traballo, debido á imposibilidade de executar ou completar as operacións iniciadas.
Sinónimos: error. -
s
m
[FILAT]
Equivocación ou trastorno na elaboración dun selo. O erro pódese producir na preparación do material de gravado (nas pranchas, cuños, impresoras) ou no deseño, ao incluír incoherencias culturais ou anacronismos.
-
erro gráfico
[XEOG]
Precisión coa que se indica nun mapa topográfico a situación dun punto do terreo representado. O erro gráfico adoita ser duns 0,2 mm.
Refráns
- A meIlbr besta dá coa carga no chan.
- A quen erra, perdóalle unha ves mais non tres.
- Co moito tropezar apréndese a andar.
- De homes é equivocarse; de bestas, amansarse.
- Dun erro nacen douscentos.
- Erran os homes mais non erran os montes.
- Errando, errando, vaise pouco a pouco acertando.
- O erro do médico, a terra o tapa; o do avogado, o diñeiro o sana.
- O erro sempre é igual: non sabendo, responder e, sabendo, contestar.
- O peor do erro é que ás veces un trae un cento.
- O que non coxea, trenquea /trenquelea.
- Quen erra e se enmenda, a Deus se encomenda.
- Quen erra e se enmenda, a non errar se eneomenda.
- Quen non cae, non se ergue.
- Tropezando, ao camiñar, apréndese a non caer.
- Un erro calquera o ten.