Eryngium
Eryngium
[PLANTA]
Xénero de herbáceas, da familia das apiáceas, de follas lobuladas coa marxe espiñenta nas pequenas flores, de cinco pétalos sen soldar, dispostas en grupos compactos formando capítulos semellantes aos cardos da familia das asteráceas. En Galicia están presentes as especies: E. campestre, coñecida como cardo corredor, que se localiza en ambientes secos; E. duriaei, propia da zonas montañosas, que constitúe un endemismo do N da Península Ibérica; E. maritimum, denominado vulgarmente cardo de ribeira, que é propio das praias litorais; e en lugares enchoupados no inverno tamén se pode localizar E. corniculatum e E. viviparum.