Erythrina
Erythrina
[PLANTA]
Xénero de árbores, arbustos e herbáceas, da familia das fabáceas, de pólas espiñentas, con follas caducas trifoliadas con pequenas estípulas, e flores de cor vermella dispostas en acios terminais. O froito é un legume longo con constrición entre as sementes, que presentan manchas negras. Existen unhas 100 especies de distribución pantropical, especialmente abundantes en Sudáfrica. Emprégase como árbore ornamental por mor da súa floración espectacular. Na Península Ibérica o seu cultivo está restrinxido ao litoral pola súa pouca resistencia ás xeadas.