escape

escape

(< escapar)

  1. s m

    Acción de escapar.

  2. s m
    1. Mecanismo que suxeita unha peza ou outro mecanismo e que, cando actúa, libera este último e permite o seu movemento.

    2. [MÚS]

      Mecanismo do piano que, para evitar que o son se apague, fai regresar o martelo á posición inicial despois de percutir as cordas. Permite ademais apertar a tecla, se cómpre, rapidamente e de maneira repetida.

    3. [TECNOL]

      Mecanismo que transforma o movemento oscilatorio do volante ou do péndulo en movemento de rotación das agullas do reloxo. En cada rotación libérase un dente da roda de escape que fai mover o mecanismo do reloxo en impulsos sucesivos e a unha velocidade media constante.

  3. [TECNOL]
    1. s m

      Tempo do ciclo do motor de explosión en que os gases producidos na combustión son expulsados ao exterior a través da abertura de escape, impelidos por medio do movemento do pistón dentro do cilindro.

    2. tubo de escape

      tubo de escape.

  4. s m [INFORM]

    Nome da tecla (esc) que habitualmente posúen os teclados conectados aos ordenadores persoais e outros equipos informáticos e que xeralmente serve para saír de programas, dunha acción executada por un programa ou para cancelar un proceso ou acción. En cada aplicación pode executar ordes diferentes.

    1. Mecanismo que suxeita unha peza ou outro mecanismo e que, cando actúa, libera este último e permite o seu movemento.

    2. [MÚS]

      Mecanismo do piano que, para evitar que o son se apague, fai regresar o martelo á posición inicial despois de percutir as cordas. Permite ademais apertar a tecla, se cómpre, rapidamente e de maneira repetida.

    3. [TECNOL]

      Mecanismo que transforma o movemento oscilatorio do volante ou do péndulo en movemento de rotación das agullas do reloxo. En cada rotación libérase un dente da roda de escape que fai mover o mecanismo do reloxo en impulsos sucesivos e a unha velocidade media constante.

Sinónimos

Frases feitas

  • A escape loc adv Moi rapidamente, á présa. Ex: Sempre sae a escape cando oe o coche dos pais.

Palabras veciñas

escaparate | escaparatismo | escapatoria | escape | escape | escapelar | escapiforme