escaqueado -da

escaqueado -da

(< escaque)

  1. adx

    Que está dividido en cadros coma os do taboleiro de xadrez.

  2. adx [HERÁLD]
    1. Aplícase ao escudo co campo dividido por dous trazos verticais e tres horizontais, formando doce cadrados con esmaltes alternos, coma nun taboleiro de xadrez, e que se denominan puntos.

    2. Aplícase ás pezas ou figuras do escudo que están divididas en escaques. A diferencia das componadas -en que alternan un metal e unha cor nunha soa tira-, as pezas escaqueadas teñen que ter polo menos dúas disposicións.

Palabras veciñas

escapulir | escapuloumeral | escaque | escaqueado -da | Escaques | escara | escarabana