escarola

escarola

(< lat tardío escariŏla,abreviación de lactuca escariŏla)

Nome científico: [Cichoriumendivia variedade latifolium, Fam das brasicáceas]
s f [PLANTA]

Herbácea anual, de raíz de gran tamaño, que presenta follas anchas e rizadas cunha nervadura central branca e dispostas nunha roseta basal, da que sobresae un talo florífero, de capítulos sésiles, situados en posición axilar, solitarios ou en fascículos. Cada capítulo posúe entre 15 e 30 flores liguladas, de cor azul, rodeadas por dúas series de brácteas que sobresaen das flores. Os froitos son aquenios grosos. Valórase especialmente cando presenta unha cabeza terminal pechada de follas interiores de cor amarela, que non tiveron contacto coa luz. Consómese en ensaladas e guisos e ten un sabor lixeiramente amargo.

Palabras veciñas

escarnecer | escarnio | escarochar | escarola | escarolado -da | escarolar | escarótico -ca