Eschrichtius
Eschrichtius
[ANIMAL]
Xénero de cetáceos, da familia dos escríctidos, de caracteres primitivos, que ten a súa representación actual reducida a unha única especie, E. robustus. Son baleas de ata 15 m de lonxitude, coa aleta dorsal pouco prominente, a mandíbula inferior lixeiramente arqueada e entre 130 e 180 barbas curtas. Habita no N do Océano Pacífico.