escita
(
-
adx
Relativo ou pertencente a Escitia ou ao pobo escita.
-
s
[ETN/HIST]
Individuo do pobo escita.
-
s
m pl
[ETN/HIST]
Pobo nómade, orixinario das estepas de Asia Central, que se desprazou cara ao S e ao L de Europa a comezos do I milenio a C. Atacaron a rexión das estepas pónticas e, ante a presión doutros pobos, atravesaron o Cáucaso e establecéronse no S de Rusia, onde parte deles se volveron sedentarios. Impuxéronse sobre diversos reinos e pobos da zona entre o s VI e V a C, e estableceron relacións coas colonias gregas do N do Mar Negro, a través das que se desenvolveu un importante comercio greco-escita. Trala súa derrota polos medos (613 a C), repregáronse cara ao N e no s IV a C infiltráronse cara aos Balcáns e ocuparon parte da actual Romanía, ata que Filipo II de Macedonia os derrotou. Absorbidos polos sármatas, desapareceron cara ao s II a C.
-
s
m
[LING]
Grupo de linguas faladas polos escitas, que pertencen ás linguas iranias da familia indoirania (phylum indoeuropeo). Deste grupo lingüístico permanece vivo o ossetio, que representa un enclave iranio en territorio caucásico e que se fala en Ossetia e Xeorxia. Consérvanse restos do escita antigo en certos nomes propios, transcritos en asirio e en grego.
-
arte escita
[ARTE]
2 estepa.