escómbrido -da

escómbrido -da
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos escómbridos.

  2. s m [ANIMAL/ICT]

    Peixe da familia dos escómbridos.

  3. s m pl [ANIMAL/ICT]

    Familia de peixes osteíctios, da orde dos perciformes, de corpo alongado, fusiforme, co pedúnculo caudal moi estreito, as dúas aletas dorsais separadas e as pectorais curtas, o fociño afiado e a boca grande, con pequenos dentes. Inclúe un gran número de xéneros e especies repartidos polos mares máis cálidos e mornos de todo o mundo. Son gregarios e forman bancos moi numerosos. Esta familia engloba os alistados, as xardas, o bonito, a albacora e o atún.

Palabras veciñas

Escolta | escoltar | escombresócido -da | escómbrido -da | escombro | esconchar | escondedoiro