escora

escora

(< fr antigo score ‘madeirodunha embarcación’ < neerl schoor)

  1. s f [MAR]

    Curva que pasa polos puntos de máis ancho de todas as cadernas dun barco.

  2. s f [MAR]

    Inclinación dun barco sobre un dos seus lados.

  3. s f [MAR]

    Cada un dos puntais que se pon a cada lado da embarcación para esteala mentres está en dique.

  4. s f

    Peza ou elemento que serve de apoio de algo.

    Sinónimos: espeque.