escorbuto

escorbuto

(

s m [PAT]

Enfermidade que se produce pola deficiencia ou insuficiencia do ácido ascórbico (vitamina C) na alimentación (avitaminose C). A falta de vitamina C produce unha alteración na síntese do coláxeno que determina fraxilidade dos capilares sanguíneos, mala cicatrización das feridas e anomalías nos ósos. A sintomatoloxía inclúe coloración amarela da pel, tumefacción das enxivas, debilidade, equimose cutánea, dores articulares, anemia, hemorraxias múltiples, etc. Foi unha enfermidade moi común nos mariñeiros dos ss XVI ao XVIII, nos viaxeiros das expedicións ao redor do mundo ou aos polos, e nos prisioneiros de guerra, por falta de consumo de alimentos frescos. Durante a Primeira Guerra Mundial presentouse de forma epidémica.

Palabras veciñas

escoramento | escorar | escorbútico -ca | escorbuto | escorchado -da | escordadura | escordar