Escorial

Escorial
[PUBLIC]

Revista literaria próxima a Falanxe dirixida a partir de 1940 en Madrid por Pedro Laín Entralgo e Dionisio Ridruejo. Cesou a súa edición en 1950. Tentaba reconstruír a cultura española nunha nova situación política e substituír outras publicacións que influíran nos anos previos á Guerra Civil, como a Revista de Occidente, Cruz y Raya ou La Gaceta Literaria. A partir de 1943 e coa incorporación á dirección de José Mª Alfaro, abandonou os ideais falanxistas para darlle un ton máis católico. Nela colaboraron intelectuais da época e difundiu a obra dos membros das xeracións do 36 e do 27 que permanecían en España (V. Aleixandre, G. Diego e D. Alonso), xunto con poetas máis novos como Rafael Morales, Vicente Gaos, José Mª Valverde, Blas de Otero e Carlos Bousoño.