Escorpión
Escorpión
-
[ASTRON]
Constelación zodiacal situada entre o Serpentario e a Escuadra. As estrelas máis brillantes desta constelación debuxan unha figura que lembra a forma dun escorpión. O astro máis brillante da constelación é Antares, que é unha estela binaria visual. O astro principal do sistema é unha superxigante vermella de diámetro 300 veces máis grande ca o do Sol. O astro secundario ten un diámetro que só é dúas veces máis grande ca o do Sol, pero 300 veces máis brillante. O valor visual aparente do sistema binario é 1,0.
-
Oitavo signo do zodíaco, que coincidía coa constelación do mesmo nome en tempos de Hiparco, pero que na actualidade corresponde á constelación da Balanza.