escudería
escudería
(
-
s
f
Oficio de escudeiro.
-
s
f
[DEP]
Conxunto deportivo formado por mecánicos e pilotos motociclistas ou automobilistas que participa nas competicións destas disciplinas, xa sexa de xeito profesional ou afeccionado. Para participar nas grandes competicións (especialmente nos grandes premios dos campionatos do mundo), os principais construtores do sector organizan as súas propias escuderías co fin de experimentar as innovacións nos diferentes sistemas e publicitar a súa marca; deste xeito, os resultados das distintas probas, á parte da propia significación deportiva, adquiren valor como instrumento comercial ao empregarse como referencia cos seus rivais no mercado.