escumoso -sa
(< escuma)
-
adx
Que ten escuma.
-
adx
Que produce escuma ou se transforma en escuma.
-
adx
Que ten aspecto ou consistencia de escuma.
-
adx e s
m
[ALIM]
iño que contén, como consecuencia dun método de elaboración especial, gas carbónico de orixe endóxena. En xeral, están feitos seguindo o méthode champenoise ou semellantes. Destaca, entre eles, o champaña francés, aínda que se fan escumosos en case todo o mundo: Alemaña (Sekt), Australia, California (Mumm Cuvée Napa), España (cava), outras rexións de Francia, Italia (Asti Spumante), Nova Zelanda e Sudáfrica (Cap Classique), todos eles brancos. Tamén se producen escumosos rosados e tintos en pequena proporción. En Galicia houbo algúns intentos de facer viños escumosos que non perseveraron. En 1988 e 1989 a Cooperativa Vitivinícola do Ribeiro realizou unha primeira experiencia, sen nome na etiqueta, aínda que no seu día recibiu as denominacións de Nicacham (nin cava nin champaña) e Amadeus. Uns anos despois, a sociedade Caves do Ribeiro lanzou o produto Fin de Siglo, que non tivo moito éxito. As adegas Morgadío e, sobre todo, Adegas das Eiras, coa etiqueta Terras Gauda, foron as que realizaron as experiencias máis destacadas no terreo dos escumosos dentro da Denominación de Orixe Rías Baixas. Tamén recibe o nome de espumoso.