esexese

esexese

(

  1. s f

    Explicación ou interpretación dun texto.

  2. s f [RELIX]

    Disciplina teolóxica que estudia a Biblia dun xeito crítico e científico, servíndose doutras disciplinas auxiliares (filoloxía, historia, arqueoloxía, crítica literaria). O interese pola investigación científica da Biblia xurdiu no contexto da Reforma protestante, no s XVI. No ámbito católico, a esexese estivo mediatizada pola súa submisión á dogmática e á apoloxética ata a celebración do Concilio Vaticano II, que favoreceu a introdución dun maior rigor científico.