esfena

esfena

(< gr  σϕήν ‘cuña’)

s f [MINERAL]

Silicato de titanio e calcio, de fórmula CaTiSiO5. Cristaliza no sistema monoclínico. Os cristais teñen frecuentemente forma de cuña, con caras ben desenvolvidas, pero tamén se presentan en gránulos ou masas. Presenta maclas de penetración. Ten unha dureza 6 e unha densidade 3,5. É de cor normalmente marrón, ás veces amarela, verde ou gris. Tamén recibe o nome de titanita.