esferocitose

esferocitose

(

  1. s f [PAT]

    Trastorno en que os eritrocitos adquiren forma de esferocito.

  2. esferocitose hereditaria [PAT]

    Enfermidade hereditaria, de carácter dominante, que acostuma manifestarse na infancia, aínda que tamén pode aparecer en idades máis avanzadas, e que se caracteriza por unha anemia hemolítica con itericia e esplenomegalia. A causa é un trastorno da membrana dos eritrocitos, que os converten en esféricos e máis pequenos. Tamén se coñece como enfermidade de Minkowski-Chauffard.

Palabras veciñas

esferita | esferocisto | esferocito | esferocitose | esferoidal | esferoide | esferómetro