esméctico -ca
esméctico -ca
(< lat smectĭcu < grσμηκτικός)
adx
[FÍS]
Aplícase ao estado mesomorfo que se localiza máis preto do estado cristalino ca do estado líquido. No estado esméctico as moléculas, que teñen unha foma máis alongada do normal, están situadas en planos paralelos e equidistantes e poden escorregar sobre eles. Isto explica a fluidez e a anisotropía propias deste estado.