espacialismo

espacialismo

(< ital spazialismo)

s m [ARTE]

Movemento artístico fundado por Lucio Fontana en Milán (1947). As súas ideas anticipáronse no Manifesto branco (1946) publicado en Bos Aires. Ademais teorizouse, entre outros, no Manifesto da arte espacial (1951) e no Manifesto do movemento espacial pola televisión (1952). Tomou como ideas básicas algúns aspectos do futurismo para propoñer unha renovación da linguaxe artística que estivese en consonancia co progreso tecnolóxico. Empregou, entre outras técnicas, as luces de neon e a televisión na busca dunha arte que transcendese o lenzo nunha pintura, ou o volume, nunha escultura. Entorno espacial negro (1947) de L. Fontana considerouse como o precedente dos environment art.