Espadaña
Espadaña
[PUBLIC]
Revista poética publicada en León (1944-1950) que tentaba aglutinar toda a produción poética española dende 1927, incluída a hispanoamericana. Así mesmo, buscou unha poesía renovadora menos tópica e máis realista; neste sentido chocaron cos membros da revista Garcilaso. Incluíronse todas as tendencias do momento, entre elas as formalistas.