espalácido -da
espalácido -da
(< lat Spalax)
-
adx
Relativo ou pertencente aos espalácidos.
-
s
m
[ANIMAL]
Mamífero da familia dos espalácidos.
-
s
m pl
[ANIMAL]
Familia de mamíferos da orde dos rilladores, de forma redondeada, patas curtas e provistas de unllas, rabo moi curto, cabeza achatada, fociño en forma de pa, ollos cubertos de pel e orellas ausentes. Son animais adaptados á vida subterránea e por iso son uns formidables escavadores. Inclúe un só xénero cun certo número de especies distribuídas polo SL de Europa, O de Asia e N de África.