espartaquismo

espartaquismo

(

s m [HIST]

Movemento político de carácter revolucionario xurdido en Alemaña durante a Primeira Guerra Mundial, liderado por Karl Liebknecht e Rosa Luxemburg. Constituíuse arredor do Spartakusbund (Liga de Espártaco), grupo disidente do partido socialdemócrata alemán e oposto á guerra. O nome procedía da edición das Spartakusbriefe (Cartas de Espártaco), publicadas en xaneiro de 1916. Convertéronse en partido socialdemócrata independente (USPD, 1917) e despois da Revolución Rusa aliáronse aos comunistas e fundaron o Partido Comunista alemán (KPD). En xaneiro de 1919 constituíuse en Berlín un comité revolucionario que deu lugar ao levantamento espartaquista que se estendeu por Hamburgo, Bremen, Saxonia, Magdeburgo e Sarre. O movemento foi reprimido e os seus líderes, Luxemburg e Liebknecht, asasinados.

Palabras veciñas

Espártaco | espartal | espartano -na | espartaquismo | espartaquista | esparteína | Espartel