espectáculo

espectáculo

(< lat spectacŭlu)

  1. s m

    Representación pública dunha obra teatral, cinematográfica ou dunha exhibición de variedades.

  2. s m

    Feito ou cousa, especialmente notable, que se ofrece á vista, e que é digna de admiración ou de provocar reaccións diversas.

    Ex: Para os estranxeiros é un espectáculo ver a posta de sol nas Illas Cíes.

  3. s m

    Acción que se considera escandalosa ou inadecuada. OBS: Adoita utilizarse co verbo dar.

    Ex: Onte deches un bo espectáculo ó cantar enriba da mesa.