espectrograma
espectrograma
(< espectro + -grama)
-
s
m
[FÍS]
Imaxe ou representación gráfica que se obtén mediante un espectrógrafo.
-
espectrograma acústico
[FÍS]
Representación visual dos trazos acústicos que constitúen os sons dunha cadea fónica, observable nunha pantalla e da que se pode obter impresión en papel a partir dun soporte magnético. A dimensión horizontal desta representación mostra a progresión temporal e o eixe vertical a escala de frecuencias. Así mesmo, canto maior é a intensidade (é dicir, máis alto o son) máis escura é a mancha representada.