Espello Cóncavo
Espello Cóncavo
[ESPECT]
Compañía profesional de teatro creada na Coruña por Teresa Orro e Arturo López. Entre os seus espectáculos cómpre destacar Un día calquera (1994), con dirección de Agustín Vega a partir dun texto de Eugene O’Neill; Vapores (1996), dirixido por Arturo López a partir da obra homónima de Nell Dunn; Bailando en Verán (1996), con dirección de Arturo López sobre un texto de Brian Friel; As Troianas, con dramaturxia de Manuel Lourenzo sobre o texto clásico de Eurípides e dirección de Arturo López, quen tamén dirixiu Peter pan (1999), Castelao sempre e O sanador, sobre un texto de Brian Friel.