espermatóforo
espermatóforo
(< espermato- + -foro)
-
s
m
[ZOOL]
Estrutura capsular, de natureza proteica, que contén os espermatozoides dos machos de especies con fecundación interna sen cópula. Esta estrutura envolve e protexe os espermatozoides dende que saen do aparato reprodutor masculino ata que entran no feminino. Durante o proceso reprodutor, os machos depositan o espermatóforo no chan de onde é recollido polo aparato xenital das femias e aloxado nunha cámara ou espermateca. Cando o espermatóforo rompe e libera os espermatozoides ten lugar a fecundación. Dáse nalgúns invertebrados, como insectos, arácnidos e cefalópodos, e nos anfibios urodelos.
-
s
m
[BOT]
Placenta do froito transformada nun soporte das sementes.