espicha

espicha

(

  1. s f
    1. Pao delgado de pequenas dimensións ou cano de madeira provisto dunha chave que se mete nos furados dun barril ou doutro recipiente para tapalo ou extraer o líquido.

      Sinónimos: espicho.
    2. Furado que se fai na parte alta dos bocois e cubas para introducir un anaco de pao ou cana, e así facilitar a saída do viño pola billa.

      Sinónimos: espicho.
  2. s f

    Operación de espichar os peixes.

  3. s f
    1. Pao aguzado que se emprega para espichar algo.

      Sinónimos: espicho.
    2. Gallo dunha planta que se chanta na terra despois de aguzalo.

      Sinónimos: espicho.
  4. s f

    Parte da roca de fiar que inmobiliza o nobelo.

    Sinónimos: espicho.

Palabras veciñas

Espiau Muñoz, José | espicañar | espicastro | espicha | espichar | Espichel | espicho