espodumena

espodumena

(< grσποδός ‘cinsa’)

s f [MINERAL]

Silicato de aluminio e litio, de fórmula LiAlSi2O6. Cristaliza no sistema monoclínico, en cristais prismáticos de gran lonxitude e en masas aplanadas. Ten unha dureza 6,5 e unha densidade 3,1-3,2. De cor branca ou gris abrancazada, hai tamén algunhas variedades transparentes de cor rosa ou violácea (kunzita) ou verde (hiddenita), apreciadas en xoiería. Constitúe un mineral típico pegmatítico que está presente en granitos. Pertence ao grupo dos piroxenos. En España só se localizou en Lalín -en formas graúdas amareladas e asociadas a pegmatitas-, na Guarda e en Vimianzo.