espondilartrite

espondilartrite

(

  1. s f [PAT]

    Inflamación das articulacións vertebrais.

  2. espondilartrite anquilosante [PAT]

    Enfermidade reumática inflamatoria de evolución crónica que afecta a todo o aparato locomotor, especialmente á columna vertebral e ás articulacións proximais das extremidades inferiores. Na fase inicial existen dores erráticas e afecta ás articulacións sacroilíacas; na fase de estado, aos segmentos vertebrais lumbares e despois, á raque dorsal, ao tórax e á raque cervical; na fase avanzada existe unha anquilose total da columna. Tamén se coñece como enfermidade de Bekhterev.

Palabras veciñas

1 espondeo | 2 espondeo | espondil(o)- | espondilartrite | espondilartrose | espondilite | espóndilo