espondilolistese

espondilolistese

(

s f [PAT]

Luxación de dous corpos vertebrais, dos que o superior se despraza enriba do inferior a consecuencia dun defecto de osificación dos istmos laterais do arco ou da súa fractura. Nun primeiro grao recibe o nome de espondilólise, cando se produce unha perda da firmeza da unión entre as dúas vértebras contiguas, por unha fenda no corpo da vértebra. A espondilolistese pode aparecer en todas as rexións vertebrais, pero ocorre máis frecuentemente entre as vértebras L4 e L5.

Palabras veciñas

espondilite | espóndilo | espondilo- | espondilolistese | espondilose | esponsais | esponsalicio -cia