esquema
(
-
s
m
Debuxo ou representación gráfica, feita para dar idea dunha cousa atendendo aos seus caracteres esenciais.
Ex: Fíxonos un esquema para poder chegar ó sitio. O esquema representa a órbita dos planetas.
-
s
m
-
Resumo de algo no que se recollen as súas liñas básicas ou as características máis salientables dunha idea, proxecto ou explicación.
Ex: Ó rematar de estudiar o tema fixo un esquema para recordalo.
Confrontacións: esbozo. -
Conxunto dos puntos que se van tratar ou de actos que se teñen que realizar, recollidos por orde e sen detalle.
Ex: Fixo un esquema do traballo que tiña que facer.
-
-
[FILOS]
-
s
m
Forma baixo a que se representa un concepto intelectual.
-
s
m
Expresión ou enunciado, en lóxica, do que se subtraeron certo grupo de palabras que se substituíron por espacios en branco ou letras esquemáticas.
-
esquema conceptual
Conxunto de conceptos e proposicións que achegan o marco para describir e explicar elementos dunha determinada materia e os criterios para recoñecer os fenómenos anómalos e necesitados de explicación.
-
esquema transcendental
Rrepresentación intermediaria, na filosofía de I. Kant, entre o fenómeno e as categorías.
-
s
m
-
s
m
[INFORM]
Representación simplificada do contido dun arquivo informático, por exemplo gráfico ou textual.
-
esquema de coñecemento
[PSIC/PEDAG]
Estruturación mental dunha aprendizaxe. Trátase, pois, de estruturas mentais de coñecemento que incorporan informacións que proveñen do exterior e se almacenan na memoria, onde se conectan con outros elementos da estrutura cognoscitiva. Os esquemas de coñecemento poden ir modificándose como resultado dun proceso de aprendizaxe, proceso marcado por tres fases: un equilibrio inicial -fase previa á aprendizaxe-, un desequilibrio -fase do proceso de aprendizaxe- e un reequilibrio posterior -fase final da aprendizaxe-.
-
esquema eléctrico
[FÍS]
Plano das liñas de conexión e das conexións entre os distintos elementos, representados por símbolos convencionais normalizados, que constitúen un circuíto ou un conxunto de circuítos eléctricos. Para que o esquema sexa máis claro, as liñas de conexión represéntanse mediante liñas rectas, independentemente da forma xeométrica real.