Essais de Montaigne
Obra de Michel Eyquem de Montaigne publicada en 1580 co título de Essais de messire Michel, seigneur de Montaigne (Ensaios do señor Michel, señor de Montaigne). A obra recolle as reflexións dun home de cincuenta anos tras unha longa viaxe por Europa. O personaxe pregúntase se levou unha vida feliz, co que inicia unha investigación consigo mesmo. A través do personaxe, Montaigne analizou as contradicións nas que se cae cando se fai a comparación entre as teorías aprendidas dos mestres na infancia e o que a vida, a experiencia, as lecturas e a observación dos costumes e das crenzas doutros países suxiren. Rematan nunha formulación escéptica, nunha actitude de dúbida que non fundamenta a perda de fe no home, senón a aceptación da necesidade de vivir comprendendo as feblezas do xénero humano.